Cristina Laya Miguélez


Cristina Laya Miguélez

Biografía

Nacín en Arzúa no 1978. Nai. Feminista. Diplomada en Traballo Social pola Universidade de Santiago de Compostela. Especialista en Formación e Orientación Laboral e en Mediación Xuvenil.

A miña traxectoria profesional está vencellada aos servizos sociais, onde traballei en ámbitos tan dispares como mocidade ou dependencia. Na actualidade traballo coa terceira idade.

Dende Novembro formo parte do Consello Autonómico de Podemos Galicia e son a responsable da Secretaría de Mocidade.

A loita pola xustiza social é un camiño fundamental na miña vida. Un camiño que percorro acompañada de principios que considero fundamentais, a decencia, a responsabilidade, a humildade... un camiño que percorro dende abaixo, á esquerda.

https://www.facebook.com/cristina.laya.1004

https://twitter.com/CristinaLayaM


Motivación

Responsabilidade. Ilusión. Responsabilidade e ilusión para construír un futuro decente para o noso país. Un país feminista, orgulloso, diverso, ... un país donde os dereitos sociais sexan unha realidade. Un país donde a cidadanía teña voz nas institucións. Un país no que poder vivir dignamente.


Circunscripción

Me presento por la circunscripción de A Coruña