Ángela “pam” Rodríguez Martínez


Ángela “pam” Rodríguez Martínez

Biografía

Nacín en Pontevedra hai 29 anos nunha familia humilde. Estudei filosofía en Santiago de Compostela grazas a bolsas, e antes de ser deputada, compaxinaba a investigación na universidade con moitos traballos precarios e con activismo en distintos espazos feministas e movementos sociais, moitos deles herdeiros do espírito co que enchemos as prazas o 15M.

Desde o 2015 son deputada de En Marea pola provincia de Pontevedra e foi unha honra e unha enorme responsabilidade traballar nas institucións para Galicia e a súa xente.

Nací en Pontevedra hace 29 años en una familia humilde. Estudié filosofía en Santiago de Compostela gracias a becas, y antes de ser diputada, compaginaba la investigación en la universidad con muchos trabajos precarios y con activismo en distintos espacios feministas y movimientos sociales, muchos de ellos herederos del espíritu con el que llenamos las plazas el 15M.

Desde el 2015 soy diputada de En Marea por la provincia de Pontevedra y ha sido un honor y una enorme responsabilidad trabajar en las instituciones para Galicia y su gente.


Motivación

As mulleres expresaron unha vontade de cambio sen precedentes no 8M. O noso país comezou a transformarse de arriba a abaixo e de esquerda a dereita grazas ao feminismo, que funcionou como un xerador de esperanza imparable. Os e as feministas temos un desexo común que queremos poñer no centro das nosas tarefas políticas, e usalo como a mellor ferramenta para mellorar a vida da xente.

Gustaríame recibir a vosa confianza para continuar con esta tarefa, para seguir ampliando nas institucións os dereitos das mulleres e das persoas LGTBI e traballar por un Estado feminista, onde homes e mulleres teñamos os mesmos dereitos e convivamos libre e igualmente.

Las mujeres han expresado una voluntad de cambio sin precedentes el 8M. Nuestro país ha empezado a transformarse de arriba a abajo y de izquierda a derecha gracias al feminismo, que ha funcionado como un generador de esperanza imparable. Los y las feministas tenemos un deseo común que queremos poner en el centro de nuestras tareas políticas, y usarlo como la mejor herramienta para mejorar la vida de la gente.

Me gustaría recibir vuestra confianza para continuar con esta tarea, para seguir ensanchando en las instituciones los derechos de las mujeres y de las personas LGTBI y trabajar por un Estado feminista, donde hombres y mujeres tengamos los mismos derechos y convivamos libre e igualmente.


Circunscripción

Me presento por la circunscripción de Pontevedra